Betanzos recoñece ás persoas que completaron o Camiño da Ría de Muros e Noia

ACoruñaXa
O evento serviu tamén como presentación da nova edición da actividade, que contará cun total de 10 etapas
betanzos-caminho
5 May 2025

O Concello de Betanzos celebrou o acto de entrega das credenciais ás veciñas e veciños que completaron o Camiño da Ría de Muros e Noia no marco da edición 2024 desta iniciativa municipal. Durante o evento, o Goberno local quixo recoñecer o compromiso das persoas participantes cunha credencial conmemorativa e un agasallo especial polo 150 aniversario do emblemático Globo de Betanzos.

A alcaldesa, María Barral, aproveitou o acto para felicitar aos e ás camiñantes polo esforzo realizado e subliñou o valor deste tipo de programas, “que crean comunidade e promoven un estilo de vida saudable”, sinalou.

O evento serviu tamén como presentación da nova edición da actividade, que contará cun total de 10 etapas repartidas entre os meses de maio, xuño, setembro e outubro. O prazo de inscrición para participar abrirá este luns, 5 de maio.

Esta proposta do Concello continúa consolidándose como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza, combinando natureza, convivencia e benestar físico ao longo de diferentes rutas que poñen en valor o patrimonio natural e cultural do territorio.

 

⚙ Configurar cookies
0.17840790748596