Betanzos publica a listaxe provisional de admitidos no servizo de comedor e mañanceiros do CEIP Vales Villamarin 2024/25

ACoruñaXa
O Concello establece un prazo de reclamacións de 10 días e advirte sobre a necesidade de completar a documentación para obter as bonificacións
Imaxe recurso dun comedor escolar
17 Jul 2024

O Concello de Betanzo publicou a listaxe provisional de persoas solicitantes da bonificación da cota de servizos municipais. Establécese un prazo de reclamacións de 10 días a partir do día seguinte da súa publicación. Unha vez rematado este prazo, procederase á publicación da listaxe definitiva.

As persoas interesadas poden consultar a listaxe provisional premendo aquí. As solicitudes presentadas fóra de prazo resolveranse unha vez publicada a listaxe definitiva.

As persoas que solicitaron a bonificación da cota e están pendentes de aportar a documentación indicada, deben facelo no prazo de 10 días a partir do seguinte á publicación na sede electrónica do Concello. De non facelo, manterán a praza no servizo, aboando a cota completa.

Ademais, aquelas persoas que teñan algunha cota pendente de pago, deberán liquidala antes do día 31/07/2024. No caso contrario, non obterán praza no servizo para o vindeiro curso 2024/25.

Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Servizos Sociais de xeito presencial ou por teléfono, no 981 770 707.

0.15681505203247