Betanzos promove a creatividade tecnolóxica cun novo obradoiro 'maker'

ACoruñaXa
A formación achegará á mocidade ao mundo da impresión 3D, robótica e programación durante tres días
BETANZOS taller maker
8 Aug 2025

O Concello de Betanzos organiza un obradoiro de formación tecnolóxica orientado á mocidade e persoas interesadas en explorar o universo 'maker'. A actividade desenvolverase do 11 ao 13 de agosto, en horario de 10.00 a 12.30 horas, na Aula CeMIT da vila.

Durante o taller, as persoas participantes poderán introducirse en ámbitos como o deseño e impresión 3D, a electrónica, a robótica ou a programación, entre outras disciplinas. Trátase dunha oportunidade para experimentar coas novas tecnoloxías dun xeito práctico e creativo.

As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición directamente na Aula CeMIT. Tamén está dispoñible información adicional a través da páxina web municipal.

⚙ Configurar cookies
0.13095307350159