Betanzos programa cinco accións formativas na aula CeMIT para o mes de decembro

A aula CeMIT de Betanzos prepara unha intensa programación para o mes de decembro, cun total de cinco propostas formativas dirixidas a veciñanza de diferentes idades e niveis de coñecemento tecnolóxico. O Concello busca así impulsar o uso das ferramentas dixitais e facilitar o acceso á formación en competencias básicas e avanzadas.
A primeira das actividades celebrarase o 9 de decembro, de 09.30 a 12.00 horas, cun taller orientado a aprender a utilizar asistentes virtuais como Siri, Google Asistent ou Alexa. Trátase dunha sesión pensada para persoas que queiran familiarizarse con estas ferramentas e aplicalas no día a día.
Os días 10, 15 e 17 de decembro, en horario de 09.30 a 12.00 horas, terá lugar o curso 'Finanzas para todos', centrado en nocións económicas básicas para a xestión doméstica e persoal.
O 12 de decembro, de 09.00 a 10.00 horas, celebrarase o exame de teleformación EMA, unha proba oficial integrada na programación da rede CeMIT.
Pola súa banda, o 16 de decembro, de 09.30 a 10.00 horas, impartirase o obradoiro 'Das lembranzas ao papel: escribe a historia do teu pobo no ordenador', unha actividade enfocada á iniciación na escritura dixital e á conservación da memoria local.
A última cita do mes será o Campamento Dixital, previsto para os días 22 e 23 de decembro, cun horario de 09.00 a 14.00 horas, e orientado ao público máis novo, cun enfoque lúdico e tecnolóxico.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo cemit.betanzos@xunta.gal ou no teléfono 618693005240.