Betanzos pide datos das embarcacións participantes de “Caneiros en Familia” ou das xiras a Os Caneiros

ACoruñaXa
Esta medida débese a que Os Caneiros se atopa dentro dos espazos protexidos da Rede Natura
caneiros-betanzos
25 Jun 2025

O Concello de Betanzos informa que todos os propietarios de embarcacións que queiran participar en “Caneiros en Familia” ou nas dúas xiras a Os Caneiros, previstas para os días 18 e 25, deberán facilitar á Xunta, a través de Patrimonio Natural, unha serie de datos imprescindibles. Entre a documentación solicitada están os datos do titular da embarcación, o seu DNI e a matrícula da lancha.

Esta información deberá ser presentada no Concello, mediante o Rexistro municipal, que se encargará de recoller e trasladar todos os datos ao departamento de Patrimonio Natural da Xunta. Esta medida débese a que Os Caneiros se atopa dentro dos espazos protexidos da Rede Natura, polo que se precisa autorización específica para a navegación por esta zona do río Mandeo durante os eventos mencionados.

Desde o Concello explican que esta decisión foi adoptada tras unha reunión coa Xunta, na que se solicitou a relación de embarcacións e os seus datos para garantir o cumprimento das normativas ambientais vixentes. Así, os participantes poderán desfrutar das xiras e actividades náuticas respetando a protección ambiental do espazo natural.

 

⚙ Configurar cookies
0.16044902801514