Betanzos explorará a súa historia literaria co primeiro paseo libresco no Día das Bibliotecas

ACoruñaXa
Un percorrido cultural o 24 de outubro permitirá descubrir a historia literaria e bibliográfica do municipio
paseo libresco betanzos
19 Out 2024

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, o vindeiro 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Betanzos e o Museo das Mariñas organizan o primeiro paseo libresco pola cidade. A actividade ofrece un percorrido cultural e histórico para explorar o vínculo de Betanzos co mundo dos libros, das letras e das bibliotecas, visitando diversos puntos de interese ao longo de 2 quilómetros.

O paseo comezará na Biblioteca Municipal e levará aos participantes por diferentes rúas, revelando historias como a da "Crónica Troiana", os libros prohibidos ou as bibliotecas particulares máis destacadas da cidade. Tamén se afondará na historia propia da Biblioteca Municipal e noutras curiosidades literarias e culturais.

A actividade é gratuíta, pero conta cun aforo limitado, polo que é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico do Museo das Mariñas (museodasmarinas@betanzos.net) ou chamando ao teléfono 981773693.

0.18889999389648