Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas

ACoruñaXa
A intervención, con algo máis de 80.000 euros de investimento, mudou a fisonomía do viario con pavimento de adoquíns de formigón, mellora do drenaxe, arborado e novo mobiliario e iluminación
BETANZOS calle peatonal
25 Sep 2025

O Concello de Betanzos deu por rematadas as obras de urbanización da rúa Imprenta Villuendas, unha actuación que aposta pola mobilidade a pé e pola creación de espazos máis amables. O proxecto seguiu a liña doutros espazos recuperados no municipio, incorporando adoquíns de formigón e acabados que humanizan o viario.

Entre as melloras executadas salientan a renovación da rede de augas pluviais, con novas arquetas para garantir un drenaxe axeitado nas zonas verdes e mixtas deseñadas; a reposicion do firme en toda a traza; e a plantación de bidueiros ao longo da rúa. Completouse, ademais, con mobiliario urbano —bolardos, papeleiras, bancos e alcorques— e cun sistema de alumeado público renovado, co obxectivo de incrementar o confort, a seguridade e a estética do conxunto.

Segundo o Concello, a intervención —cun investimento de algo máis de 80.000 euros— permite potenciar o uso peonil e consolidar un corredor urbano que favorece a vida de barrio e o comercio de proximidade.

⚙ Configurar cookies
0.19587302207947