Dende o Concello, queren dar as gazas ao club organizador, o Troula FS Betanzos, por sacar adiante unha edición máis dunha competición deportiva referente na cidade.
Betanzos celebrará do 3 de xullo ao 10 de agosto o Torneo de Fútbol Sala San Roque
En xullo comeza unha nova edición dun evento que está a medrar en calidade e cantidade, e supón a referencia para as noites de verán de Betanzos, o Torneo de Fútbol Sala San Roque.
Son numerosos os rapaces e rapazas, veciños e veciñas de todas as idades que se achegan ao pavillón municipal de Betanzos para desfrutar este torneo clásico, que este ano cumpre a súa 38ª edición.
O torneo, estará composto por ata un máximo de 24 equipos masculinos e 24 femininos. Toda a información relativa ás inscricións está dispoñible nas seguintes ligazóns: para a inscrición de equipos na categoria feminina; para a inscrición de xogadoras; para a inscrición de equipos na categoría masculina e para a inscrición de xogadores.
O peche de inscricións será o xoves 20 de xuño ás 23.59 horas. O sorteo será levado ao cabo o mércores 26 de xuño ás 20.30 no Cine Alfonsetti.
Desde a Concellería de Deportes do Concello de Betanzos, agardamos que o evento conte cunha ampla participación, como así ven sucedendo nos últimos anos. Ver o pavillón municipal ata a bandeira noite logo da noite, dende comezos de xullo ata mediados de agosto, supón un reclamo para toda a veciñanza, que desfruta de numerosos betanceiros e betanceiras competindo e animando as noites do verán.