Betanzos celebrará badaladas de fin de ano anticipadas este mércores na praza da Constitución

A praza da Constitución de Betanzos converterase este mércores 31 de decembro no escenario dun ‘fin de ano’ adiantado. A cidade celebrará unhas badaladas anticipadas ás 14.00 horas, nun acto pensado para animar o mediodía e xuntar veciñanza e visitantes nun ambiente festivo.
A convocatoria está organizada pola Asociación dos Comerciantes e Empresarios de Betanzos, coa colaboración do Concello de Betanzos e de Gadis. A proposta busca despedir o ano dun xeito diferente, en horario diúrno, e poñer o foco na dinamización do centro urbano e da actividade comercial nestas datas.