Betanzos celebra o Día Internacional do Cine co roteiro 'Betanzos na gran pantalla'
ACoruñaXa
Dentro do programa 'Paseos Librescos' terá lugar na Biblioteca municipal

5 Feb 2025
O Concello de Betanzos celebra o roteiro libresco 'Betanzos na gran pantalla', con motivo do Día Internacional do Cine. Terá lugar este 7 de febreiro, no marco do programa 'Paseos Librescos' na Biblioteca municipal ás 11.00 horas.
A inscrición previa pode realizarse ao teléfono 981 773 693 ou enviando un correo electrónico ao enderezo museodasmarinas@betanzos.net.