Betanzos celebra o Día do Libro cos obradoiros 'Somos as nosas palabras' para secundaria

ACoruñaXa
Entre as actividades de dinamización lingüística programadas para o Día Internacional do Libro de da Lectura terán lugar os días 17, 18, 19 e 24 de abril diversos obradoiros de creación escrita
Imaxe das actividades polo Día do Libro en Betanzos
16 Apr 2024

O Concello de Betanzos conmemora ao longo do mes de abril o Día Internacional do Libro e da Lectura, que ten lugar o vindeiro martes 23 de abril, con distintas actividades de dinamización lingüística programadas de que terán lugar nos centros de ensino ao longo do mes de abril.

Este ano, entre as actividades de dinamización lingüística programadas para o Día Internacional do Libro de da Lectura polo Concello de Betanzos, terán lugar os días 17, 18, 19 e 24 de abril diversos obradoiros de creación escrita “Somos as nosas palabras” para o alumnado de secundaria por conta das escritoras galegas Dores Tembrás e Antía Otero.

Deste xeito, os obradoiros 'Somos as nosas palabras' achegaranse a arredor de douscentos alumnos e alumnas do IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar, o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” nos que se traballará coa mocidade a escrita literaria en galego a través do xogo, a conversa sobre a poesía galega e o seu coñecemento, Esta proposta de Antía Otero e Dores Cao pretende traballar coa rapazada as constelacións poéticas, palabras encarnadas, a poesía ou a prosa, o espazo na escrita, as palabras que nos atravesan, o ritmo, a música e o silencio no texto, para escribir, avaliar ou escoitar.

Esta actividade forma parte da programación que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos desenvolve durante o curso escolar en colaboración cos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino da localidade. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos está subvencionado pola Deputación provincial da Coruña e pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

0.06660008430481