Betanzos acondiciona o cemiterio municipal de cara ao Día de Todos os Santos

ACoruñaXa
O Concello iniciou os traballos de mantemento para garantir un espazo ordenado, accesible e digno para as visitas do 1 de novembro
BETANZOS limpieza cementerioo
3 Oct 2025

O Concello de Betanzos puxo en marcha os traballos de mantemento do cemiterio municipal co obxectivo de ter o recinto preparado de cara ao Día de Todos os Santos, o 1 de novembro. As intervencións inclúen limpeza e retirada de maleza, acondicionamento de viales e accesos, reparación puntual de elementos deteriorados e melloras na sinalización e nos servizos básicos para garantir un espazo ordenado, accesible e seguro para as visitas.

O goberno local pide a colaboración da veciñanza para respectar o recinto durante os días de maior afluencia e evitar danos en elementos funerarios e zonas verdes. As obras desenvolveranse de xeito continuado ata deixar o cemiterio en condicións óptimas para as celebracións e as visitas familiares.

⚙ Configurar cookies
0.088809013366699