Betanzos acollerá o Campionato de España Infantil de Baloncesto Masculino
ACoruñaXa
O municipio será a sede do campionato dende o 2 ao 8 de xuño
26 May 2024
Betanzos será a sede do Campionato de España Infantil de Baloncesto Masculino, no que 32 equipos masculinos, divididos en oito grupos de catro equipos, se disputarán partidos entre o 2 e 8 de xuño no municipio galego.
O sistema de competición será o mesmo das últimas tempadas. Catro grupos (A, B, C e D) de cabezas de serie con catro participantes e tres pasaportes aos oitavos de final. E outros catro (E, F, G e H) nos que só o líder loitará polo título. Tres días de liga regular e outros catro de eliminatorias directas (oitavos, cuartos, semis e final).