Betanzos acolle unha lectura dramatizada de ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto’ de Castelao

ACoruñaXa
A Asociación Cultural Roxín Roxal organiza o evento coa colaboración do Concello de Betanzos e Galiza Cultura
BETANZOS ollo de vidrio
6 Nov 2025

A Aula de Cultura Xulio Cuns, situada no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia, en Betanzos, será o escenario esta tarde dunha lectura dramatizada da obra 'Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto', de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A actividade, que se celebrará este mércores 6 de novembro entre as 20.00 e as 21.00 horas, está promovida pola Asociación Cultural Roxín Roxal en colaboración co Concello de Betanzos e conta coa participación do colectivo Galiza Cultura.

Esta proposta cultural busca achegar ao público a obra dun dos autores máis representativos das letras galegas, combinando literatura, teatro e memoria histórica nun formato accesible e participativo.

⚙ Configurar cookies
0.074668884277344