Betanzos acolle este sábado o 'Baby Basket' cunha mañá de baloncesto para a cativada

ACoruñaXa
O club Santo Domingo Betanzos organiza a xornada o 10 de xaneiro no pavillón José María Valeiro Iglesias, de 9.30 a 13.30 horas
BETANZOS basket 26'
8 Jan 2026

A rapazada terá unha nova cita co deporte este sábado, 10 de xaneiro, en Betanzos coa celebración do 'Baby Basket Betanzos', unha actividade pensada para desfrutar do baloncesto nun ambiente lúdico.

A xornada está organizada polo club Santo Domingo Betanzos e desenvolverase no pavillón José María Valeiro Iglesias, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Dende o Concello animan ás familias a achegarse e participar nesta mañá deportiva.

0.088948965072632