Betanzos acolle a oitava edición da Ruta da Auga con case 250 participantes

ACoruñaXa
O Concello colabora na organización desta proba que cortará o tráfico no centro durante a xornada e contará con percorridos de 30 e 50 quilómetros
Ruta-del-agua-de-Betanzos
18 Jul 2025

O Concello de Betanzos colaborará este fin de semana na celebración da oitava edición da Ruta da Auga, organizada polo club Caimanes Betanzos, na que participarán preto de 250 deportistas en distintas categorías.

O tráfico permanecerá cortado no centro da cidade desde as 12:00 ata as 22:00 horas, aínda que podería abrirse antes en función do desenvolvemento da proba, seguindo o mesmo protocolo que nas feiras dos días 1 e 16.

Competirán nas categorías Cicloturismo, Ciclismo para todos, Sub23 feminino e masculino, Master 60 feminino e masculino, Master 50 feminino e masculino, Master 40 feminino e masculino, Master 30 feminino e masculino, Junior feminino e masculino, Élite UCI, Élite feminino e masculino, Cadete feminino e masculino, e Adaptado.

Os vehículos que circulen pola avenida de Castilla en dirección ao centro deberán facelo pola rúa Emilio Romay e desde alí pola Linares Rivas. Tampouco se poderá acceder desde o Valdoncel cara ao centro da cidade, sendo obrigatoria a circulación ata esa zona pola avenida de O Carregal.

A saída estará situada na praza García Naveira e o percorrido contará con dúas opcións: unha de iniciación de 30 km para un nivel físico medio e outra de 50 km para un nivel medio-alto. A chegada tamén será na Praza Irmáns García Naveira.

⚙ Configurar cookies
0.10061502456665