Betanzos acolle a exposición 'Miscelánea' de Rafael Pazos Miser

ACoruñaXa
A exposición reúne unha selección de obras do pintor betanceiro
expo-miscelanea-betanzos
6 Feb 2025

Ata o vindeiro 27 de febreiro, a sala de exposicións Jesús Núñez albergará a mostra de pintura 'Miscelánea', do artista betanceiro Rafael Pazos Miser. Organizada polo Concello de Betanzos, esta exposición reúne unha selección de obras do pintor, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer o seu estilo e a súa visión artística.

A mostra poderá visitarse no seguinte horario: de martes a venres, de 10.00 horas a 14.00 horas e de 19.00 horas a 22.00 horas, e os sábados, de 11.30 horas a 14.00 horas e de 19.00 horas a 22.00 horas.

 

0.15939593315125