Betanzos acolle a 28ª edición das probas ciclistas da Comarca Brigantina e o 8º Trofeo Festas do San Roque

ACoruñaXa
As dúas competicións desenvolveranse na área do parque infantil do Pasatempo
Imaxe dun ciclista durante unha edición anterior da Ruta BTT da Deputación da Coruña
Imaxe dun ciclista
9 Ago 2024

O ciclismo será un dos principais atractivos das festas de San Roque coa volta da 28ª edición da Comarca Brigantina e do 8º Trofeo Festas de San Roque. Neste sentido, as dúas probas celebraranse na zona do parque infantil do Pasatempo.

A saída da 28ª edición da Comarca Brigantina terá lugar ás 10.30 horas do sábado 10 de agosto. Con este motivo, diversas rúas da cidade sufrirán cortes de tráfico. A saída neutralizada será desde a praza García Irmáns, continuando pola rúa Valdoncel, rúa da Ribeira, paseo do Malecón, Ponte Nova, avda. da Coruña, rotonda da Magdalena, N-VI, Angustias, N-VI dirección Coruña, e saída lanzada.

Aproximadamente ás 10.55 horas, a entrada será pola rúa Saavedra Meneses, Ponte Vella, rúa Alfolí, paseo do Malecón, rúa Valdoncel, rúa Linares Rivas (con sprint especial), avda. García Naveira, rotonda das Cascas, AC-542 (camiño da Estación), rotonda de Infesta, Montellos, Limiñón, entre outros.

Sobre as 14.11 horas, a entrada será pola N-VI cara ás Angustias, rotonda da Magdalena, avda. da Coruña, Ponte Nova, rúa da Ribeira, rúa das Monxas, subida por Fonte de Unta, Porta da Vila, rúa do Castro, Praza da Constitución, e META (prevista para ás 14.45 horas aproximadamente).

Doutra banda, o 8º Trofeo Festas do San Roque celebrarase do domingo 11 de agosto a partir das 10.00 horas.

Comarca-brigantina
0.19815516471863