Betanzos abrirá a piscina municipal descuberta como parte da súa oferta de lecer estival

O Concello de Betanzos porá en funcionamento a piscina exterior municipal a partir do luns 1 de xullo, ofrecendo servizo de baño durante os meses de verán ata o 7 de setembro. A instalación estará dispoñible todos os días da semana, de luns a domingo, cun horario de 12.00 a 20.00 horas durante os sete primeiros días de de setembro, segundo informa o goberno local.
O acceso terá un prezo simbólico: un euro para menores e dous euros para persoas adultas, ata completar o aforo. A medida busca facilitar o acceso a espazos de lecer saudables durante os meses máis calorosos.
A apertura da piscina forma parte da programación de verán que promove o Concello e que incluirá tamén propostas deportivas e culturais para todos os públicos. Así, o goberno local aposta por "un lecer accesible e diverso durante a tempada estival".
Xunto á posta en marcha da piscina, o executivo municipal lanzará tamén a próxima semana os campamentos infantís de verán, nos que participarán 180 menores repartidos en varios quendas. Estas actividades enmárcanse nas políticas de conciliación e igualdade impulsadas polo Concello, cun claro obxectivo: facilitar que as familias poidan compatibilizar os coidados cos compromisos laborais ao tempo que se ofrece unha alternativa educativa e lúdica para a infancia.