Betanzos abre inscricións para unha xornada de motociclismo xuvenil

ACoruñaXa
O programa 'Xogade coas motos' está dirixido a nenos e nenas de entre seis e dezaseis anos e é totalmente gratuíto
Imaxe do cartel de 'Xogade coas motos' en Betanzos
21 Jun 2024

O Concello de Betanzos organiza para o vindeiro sábado 29 de xuño, na praza Irmáns García Naveira, unha xornada do proxecto de 'Xogade coas motos', que consistirá nunhas clases teóricas e prácticas con exercicios de habilidade con motos pequenas para achegarlle á rapazada con seguridade o deporte do motociclismo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre seis e dezaseis anos e é totalmente gratuíta. A organización facilita a moto, o casco e o mono.

A inscrición para a rapazada empadroada xa está aberta e remata o luns 24 ás 10.59 horas, e se sobrasen prazas, poderanse anotar nenos e nenas non empadroados desde o luns 24 ás 11.00 horas ata o xoves 27 ás 11.00 horas. Esta será provisional ata recibir un correo da organización VF Timing coa confirmación da praza.

A organización informa de que os rapaces e rapazas inscritos deberán levar luvas de moto ou de bicicleta, botas (de tipo trekking) e ropa térmica ou sotomono.

 

xogade-coas-motos
0.16109991073608