Betanzos abre as portas ao waterpolo cunha xornada gratuita para a rapazada
ACoruñaXa
O Concello organiza unha actividade gratuita o 14 de decembro na piscina climatizada do Carregal, dirixida a nenos e nenas de 8 a 13 anos

13 Dec 2024
O Concello de Betanzos, en colaboración coa Asociación Coruñesa Waterpolo, organiza o sábado 14 de decembro unhas novas “Xornadas de portas abertas de Waterpolo”. A actividade terá lugar na piscina climatizada do Complexo Deportivo do Carregal entre as 19:00 e as 20:30 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos que desexen iniciarse nesta disciplina deportiva.
A participación é gratuita e será imprescindible saber nadar. As persoas interesadas poderán inscribirse para unha única xornada ou asistir ás dúas programadas.