Bergondo regula as lumeiradas de San Xoán 2025 con autorización previa para festexar na praia

ACoruñaXa
O obxectivo é garantir que a noite se desenvolva con seguridade, responsabilidade e respecto pola contorna
fogata-hogueira-san-xoan-2
11 Jun 2025

O Concello de Bergondo vén de anunciar a normativa que regulará as tradicionais lumeiradas, barbacoas e sardiñadas con motivo da celebración de San Xoán 2025. O obxectivo é garantir que a noite máis máxica do ano se desenvolva con seguridade, responsabilidade e respecto pola contorna.

As persoas que queiran organizar unha lumeirada na praia deberán solicitar autorización previa, que terá que tramitarse antes das 15.00 horas do 22 de xuño. No caso de celebracións en espazos privados, abondará con facer a correspondente comunicación ao Concello.

Desde o Concello fan “un chamamento á colaboración cidadá para que as festas se desenvolvan con responsabilidade, seguridade e respecto pola contorna”, apelando á conciencia colectiva para garantir o bo desenvolvemento dunha das citas festivas máis populares do ano en Galicia.

Podedes atopar tanto o modelo da solicitude como o da comunicación na seguinte ligazón:
https://bergondo.gal/o-concello-de-bergondo-regula-as-lumeiradas-de-san-xoan-2025-para-garantir-a-seguridade-e-a-convivencia-cidada. Tanto as solicitudes como as comunicacións poderán realizarse enviando un correo electrónico a: policia.local@bergondo.gal

⚙ Configurar cookies
0.16364312171936