Bergondo reabre o acceso á cala de Liñares cunha nova pasarela integrada na contorna natural

ACoruñaXa
A actuación centrouse nun tramo duns seis metros que quedara inutilizado tras un desprendemento do talude
bergondo-cala
27 Jun 2025

O Concello de Bergondo vén de finalizar as obras de reparación do acceso peonil á cala de Liñares, en Moruxo, cun investimento total de 22.128,41 euros financiado integramente con fondos municipais. A actuación centrouse nun tramo duns seis metros que quedara inutilizado tras un desprendemento do talude, que provocara o afundimento do firme e a rotura do pavimento, impedindo o paso seguro dos usuarios.

A zona, situada en terreos de Dominio Público Marítimo-Terrestre e dentro da Zona de Especial Conservación Betanzos-Mandeo —integrada na Rede Natura 2000—, esixía unha intervención respectuosa co medio. Por iso, o Goberno local optou pola instalación dunha pasarela de madeira laminada encolada, de 6,89 metros de longo por 1,20 de ancho, perfectamente integrada na paisaxe. Esta solución evitou a necesidade de levantar estruturas de contención ou outros elementos que puidesen ter un impacto negativo no ecosistema da área.

Xunto á colocación da pasarela, realizáronse tarefas complementarias de limpeza e desbroce manual ao longo do sendeiro, a retirada de antigos postes de formigón e tramos de valado deteriorado, así como a instalación dun novo sumidoiro transversal para mellorar o drenaxe da auga da chuvia. Ademais, colocáronse sinais en madeira tratada, incluíndo un cartel identificativo da cala e dúas frechas indicadoras do percorrido.

Desde o executivo municipal destacan que “se trata de una actuación sencilla en su escala, pero muy significativa por el valor ambiental y social del espacio. Con esta intervención garantizamos la seguridad de los usuarios, pues es una cala muy frecuentada por pescadores, preservando al mismo tiempo un entorno que es patrimonio natural de todos”.

A actuación forma parte da aposta do Concello de Bergondo por protexer e poñer en valor os espazos naturais, facendo compatibles o uso público e a conservación ambiental.

⚙ Configurar cookies
0.13827991485596