Bergondo pon o foco na ansiedade dos estudantes cun curso de xestión das emocións

ACoruñaXa
O Concello organiza un taller gratuíto para estudantes de ESO e Bacharelato, que se desenvolverá entre agosto e setembro na Casa da Xuventude Jacinta Landa Vaz
Imaxe do cartel de Sen Ansiedade
9 Ago 2024

O Concello de Bergondo, a través da área de Servizos Sociais, pon en marcha o “Curso sen ansiedade”, unha iniciativa dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato que busca mellorar a xestión das emocións e reducir o estrés asociado aos estudos.

Este taller, impartido pola experta Rosalía Bermúdez, especialista en mindfulness, ofrecerá seis sesións para axudar aos mozos e mozas a mellorar a súa capacidade de concentración, reducir a ansiedade antes dos exames e xestionar mellor o estrés durante o período de estudos. As sesións terán lugar os días 20, 22, 27 e 29 de agosto e 3 e 5 de setembro, en horario de 11:00 a 12:30 horas, na Casa da Xuventude Jacinta Landa Vaz.

O curso é totalmente gratuito e as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse enviando un WhatsApp antes do 14 de agosto ao número 629 104 568. Para máis información, poden chamar ao departamento de Servizos Sociais ao 981 791 252, ext. 4.

CARTEL SEN ANSIEDADE
0.12578701972961