Bergondo organiza unha master class de defensa persoal para mulleres co Club Kaizen polo 25N

ACoruñaXa
A sesión terá lugar o sábado 29 de novembro, de 16.00 a 19.00 horas, no pavillón de Guísamo e conta co apoio da campaña polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
BERGONDO defensa personal
17 Nov 2025

O Concello de Bergondo, en colaboración co Club Kaizen Defensa Persoal, impulsa unha master class dirixida especificamente a mulleres co obxectivo de ofrecer ferramentas básicas de autodefensa e reforzar a súa confianza persoal no marco das actividades do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A sesión desenvolverase o sábado 29 de novembro, no pavillón de Guísamo, en horario de 16.00 a 19.00 horas. Durante tres horas, as participantes poderán aprender técnicas sinxelas de defensa persoal, estratexias para reaccionar ante situacións de risco e pautas para mellorar a súa percepción da seguridade no día a día.

A actividade enmárcase na programación municipal arredor do 25N, coa que o Concello busca sensibilizar a poboación sobre a violencia machista, poñer o foco na prevención e ofrecer recursos prácticos que contribúan ao empoderamento das mulleres, tanto a nivel físico como emocional.

As mulleres interesadas en participar deben inscribirse previamente, ben a través do código QR habilitado no cartel informativo, ata o 27 de novembro, ben chamando ao teléfono 981.791252 (extensión 4) para reservar praza.

⚙ Configurar cookies
0.0712571144104