Bergondo inicia a construción dunha senda peonil entre o Polígono e a N6

O Concello de Bergondo deu inicio ás obras de acondicionamento e creación dunha senda peonil que unirá a entrada do Polígono de Santa Marta coa nova glorieta da N6. Esta iniciativa xurdiu a partir dunha proposta da Asociación de Empresarios de Bergondo, gañadora do proceso de presupostos participativos do ano 2024 promovido polo goberno local.
O proxecto dispón dun orzamento total de 276.488 euros, financiado integramente con fondos municipais, e permitirá construír unha senda de 600 metros de longo por 2 metros de ancho, na que se combinarán pavimentos de cemento con zonas de hormigón drenante para favorecer a absorción da auga nas partes máis baixas.
Ademais, cada lado da senda contará cun sobresor de 50 centímetros con céspede, co fin de regular a filtración de auga ao terreo, e instalarase unha zanja para acoller as canalizacións necesarias para ampliar a rede de iluminación existente, mellorando así a seguridade e a comodidade dos peóns.