Bergondo inaugura o Belén xigante de Playmobil de Genesal, inspirado na Coruña

ACoruñaXa
O diorama, de máis de 30 metros cadrados, pode visitarse na sede da empresa no Polígono de Bergondo (nave B40) e ofrecerá visitas guiadas desde o 22 de decembro con reserva previa
BERGONDO belén playmobil
Actualizada el 23 diciembre 2025, 19:26 horas
19 Dec 2025

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, participou na inauguración do tradicional Belén de Playmobil de Genesal Energy, unha montaxe de máis de 30 metros cadrados que recrea a cidade da Coruña e algúns dos seus recunchos máis emblemáticos.

O belén pode verse nas instalacións de Genesal, no Polígono de Bergondo (nave B40), na contorna da rúa Parroquia de Rois, onde a compañía transforma o seu espazo de traballo nun pequeno poboado de Nadal para abrirllo ao público.

A partir do 22 de decembro comezarán as visitas guiadas, abertas a todos os públicos, en quendas de grupos reducidos e con reserva previa a través do formulario habilitado pola Fundación Genesal.

⚙ Configurar cookies
0.083231925964355