Bergondo festexa por todo o alto a XXXIII Festa do Entroido e a XXVIII Festa da Orella

ACoruñaXa
Os mellores grupos do festival “BergondoRisión” subiron ao escenario para mostrar as súas obras
ENTROIDO-BERGONDO-4
9 Mar 2025

O Concello de Bergondo celebrou a súa XXXIII Festa do Entroido e a XXVIII Festa da Orella, cunha xornada chea de disfraces, música e animación para toda a familia.

As actividades comezaron ás 16.30 horas no pavillón, onde tivo lugar unha gran festa infantil con inchables, desfiles de disfraces e obradoiros creativos. Ademais, os máis pequenos participaron na elaboración dun mural conmemorativo polo Día da Muller.

Ao rematar a festa infantil, a música e as tradicionais orellas de Entroido tomaron o protagonismo na XXVIII Festa da Orella, amenizada pola actuación da Orquestra Origen.

No descanso da orquestra, os mellores grupos do festival “BergondoRisión” subiron ao escenario para mostrar as súas obras. Este festival, xa todo un clásico entre o alumnado de secundaria do CPI Cruz do Sar, fixo rir a público de todas as idades, consolidándose como unha das citas máis esperadas do Entroido bergondés.

⚙ Configurar cookies
0.44457197189331