Bergondo e a Asociación Elas organizan a segunda edición da quedada saudable “Bergondo camiña pola solidariedade”

ACoruñaXa
Será o próximo 20 de decembro e consistirá nunha ruta circular para a que haberá que inscribirse previamente
andaina-solidaria-bergondo
8 Dec 2025

El Concello de Bergondo, en colaboración coa Asociación Elas, organiza a segunda edición da quedada saudable “Bergondo camiña pola solidariedade”.

A actividade terá lugar o próximo 20 de decembro e consistirá nunha ruta circular de 7 km que comezará ás 10:00 horas na Ponte de Miodelo.

Recoméndase aos participantes levar calzado cómodo e chaleco de visibilidade para garantir a seguridade durante o percorrido. A organización facilitará auga no punto de saída. As persoas interesadas en participar poden confirmar a súa asistencia enviando unha mensaxe por Whatsapp ao número 616 39 81 43.

⚙ Configurar cookies
0.079667091369629