Bergondo converterase no epicentro da aventura con 52 equipos no ‘Bergondo Raid’

ACoruñaXa
Os participantes deberán superar diferentes desafíos nun entorno natural privilexiado
bergondo-raid
11 Apr 2025

Bergondo acollerá este sábado, 12 de abril, unha das probas máis emocionantes e completas do calendario de orientación: o ‘Bergondo Raid’, unha competición que combinará carreira a pé, bicicleta de montaña e kayak. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde a área deportiva de A Senra, e ao longo da xornada, os participantes deberán superar diferentes desafíos nun entorno natural privilexiado.

O evento contará con 52 equipos procedentes de toda Galicia, así como de Asturias e Portugal, o que confirma a proxección e atractivo crecente desta cita deportiva no panorama do raid de aventura.

A proba, organizada co apoio do Concello de Bergondo, poderá seguirse en directo a través da plataforma TrackTheRace, onde se poderá ver en tempo real a localización dos equipos e a evolución das distintas disciplinas.

Dende o Concello destacan que este tipo de eventos “contribúen a dinamizar o territorio, poñendo en valor os recursos naturais do municipio e promovendo hábitos de vida saudables”.

⚙ Configurar cookies
0.16428112983704