Bergondo celebrará o Entroido 2025 coa súa XXVIII Festa da Orella

ACoruñaXa
Un gran evento para todos os públicos, con disfraces, música, animación e as tradicionais orellas
bergondo-entroido
27 Feb 2025

O Concello de Bergondo prepara unha xornada festiva o vindeiro sábado, 8 de marzo, no entorno do CPI Cruz do Sar, cunha programación rechea de actividades para celebrar o XXXIII Entroido e a XXVIII Festa da Orella. A xornada promete ser un gran evento para todos os públicos, con disfraces, música, animación e, como novidade, a actuación dos mellores grupos do "BergondoRisión".

As actividades comezarán ás 16.30 horas no pavillón, onde se celebrará unha festa infantil especialmente pensada para os máis pequenos. Nesta festa, non faltarán inchables, desfiles de disfraces e obradoiros creativos que permitirán aos nenos e nenas mergullarse no espírito do Entroido.

Ao rematar a festa infantil, a música e as tradicionais orellas tomarán o protagonismo. Ás 19.30 horas, a Orquestra Origen subirá ao escenario, mentres se celebra tamén a XXVIII Festa da Orella, onde se incluirá un donativo destinado ao alumnado de 4º ESO do CPI Cruz do Sar. No descanso da actuación da orquestra, será o turno dos mellores grupos do "BergondoRisión", un festival que se está a converter nun clásico entre o alumnado de secundaria do centro, garantindo risas e diversión a partes iguais.

 

⚙ Configurar cookies
0.097733020782471