Bergondo avanza no Plan Especial do Río Maior coa súa aprobación provisional

ACoruñaXa
O proxecto contempla un paseo fluvial en Lubre, novos colectores de saneamento e medidas contra inundacións
BERGONDO lubre rio maior
7 Aug 2025

O Concello de Bergondo vén de emitir a aprobación provisional do Plan Especial do Río Maior, situado na parroquia de Lubre. O documento xa foi remitido á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia para continuar co proceso de tramitación e acadar a súa aprobación definitiva, paso previo á licitación das obras.

Este plan urbanístico contempla a creación dun paseo fluvial de máis de dous quilómetros que unirá os lugares de Agrumias e Cambade, nun percorrido duns 2.184 metros, executado en madeira laminada de piñeiro tratado. A nova infraestrutura servirá como espazo de lecer para a veciñanza e como atractivo turístico, poñendo en valor o entorno natural do Río Maior.

Ademais, o proxecto inclúe a construción de tres novos colectores para completar a rede de saneamento da parroquia, que xa conta con sete tramos executados, co obxectivo de conducir as augas residuais ata a EDAR de Gandarío, poñendo en funcionamento todo o sistema.

A actuación tamén prevé unha restauración ambiental da zona, que sufriu degradación pola presión urbanística, así como a implementación de medidas para reducir o risco de inundación en dous puntos específicos do ámbito de actuación.

⚙ Configurar cookies
0.082645893096924