Bergondo alerta pola presenza de carabelas portuguesas nas súas praias

ACoruñaXa
O Concello recomenda extremar as precaucións e informar de inmediato ao persoal de socorrismo ante calquera avistamento
BERGONDO carabela
14 Aug 2025

O Concello de Bergondo advertiu da detección de exemplares de carabela portuguesa nas súas praias, un organismo mariño coñecido polas súas cores chamativas e polas súas picaduras dolorosas, que poden supoñer un risco para os bañistas.

As autoridades locais aconsellan evitar o contacto con estes animais, mesmo cando se atopen varados na area, e comunicalo de forma inmediata ao persoal de socorrismo para que adopte as medidas necesarias.

A carabela portuguesa, aínda que semella unha medusa, é en realidade unha colonia de organismos cuxo contacto pode provocar reaccións cutáneas graves. O Concello lembra que a prevención e a rápida actuación dos servizos de vixilancia son claves para garantir a seguridade nas praias do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.096734046936035