Bergondo acolle unha xornada polo 20º aniversario de Elas centrada na loita contra a violencia de xénero

ACoruñaXa
O sábado 4 de outubro, en A Senra, entre 11.30 e 13.30, con apertura da alcaldesa Alejandra Pérez Máquez e relatorios sobre o sistema Viogen e a realidade do rural
BERGONDO 20 aniversario ELAS
27 Sep 2025

A Asociación Elas, en colaboración co Concello de Bergondo, celebrará o seu vixésimo aniversario cunha xornada monográfica sobre a violencia de xénero que terá lugar o sábado 4 de outubro en A Senra, en horario de 11.30 a 13.30.

O acto abrirase coa intervención da alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, seguida da presidenta de Elas, Carmen García Fernández, quen repasará dúas décadas de traxectoria da entidade a prol da igualdade de dereitos das mulleres. A parte técnica arrincará ás 11.45 cun relatorio dedicado ao Sistema Viogen, a cargo de Manuela Vilaboy Romero, da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, e de Carlota María Bellas Ferrín, gardas civil do EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Comandancia da Garda Civil. Ás 12.30 terá lugar a segunda intervención, centrada na violencia de xénero no rural, que impartirá Rosa Arcos Caamaño, secretaria xeral e directora de proxectos de FADEMUR Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.10567092895508