Bergondo acolle o IV seminario intensivo de defensa persoal feminina este sábado

ACoruñaXa
A sesión, aberta a mulleres de todas as idades e sen experiencia previa, celebrarase o 17 de xaneiro de 10.00 a 13.00 horas no Edificio Cultural A Senra
BERGONDO defensa personal
14 Jan 2026

O Concello de Bergondo colabora coa Deputación da Coruña na organización do IV Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina, unha actividade formativa orientada a ofrecer ferramentas prácticas para mellorar a seguridade, gañar confianza e aprender a reaccionar ante situacións reais.

A xornada desenvolverase este sábado 17 de xaneiro de 10.00 a 13.00 horas no Edificio Cultural A Senra, en Bergondo. A proposta está dirixida a mulleres de todas as idades e non require experiencia previa.

O seminario será impartido pola Escola de Defensa Persoal e Policial HKF e preséntase como unha formación útil e ‘empoderadora’, centrada en contidos aplicables ao día a día. As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través da páxina habilitada pola Deputación.

⚙ Configurar cookies
0.077110052108765