Bergondo abre o programa 'Nais sen estrés' con sete sesións de mindfulness para familias con adolescentes

ACoruñaXa
O espazo, gratuíto e con prazas limitadas, comeza o 14 de xaneiro no local social da Senra e celebrarase os mércores de 20.15 a 21.15 h
BERGONDO nais sen estres
4 Jan 2026

O Concello de Bergondo porá en marcha o 14 de xaneiro o programa 'Nais sen estrés', un ciclo de sesións prácticas de mindfulness dirixidas a nais e pais de adolescentes co obxectivo de reducir e xestionar o estrés e mellorar o clima familiar no día a día.

A proposta inclúe sete sesións, todas elas en mércores, no local social da Senra, en horario de 20.15 a 21.15 h. O calendario completo queda fixado para os días 14, 21 e 28 de xaneiro e 4, 11, 18 e 25 de febreiro.

O programa ofrece ferramentas para baixar a reactividade e gañar calma, exercicios breves pensados para familias con pouco tempo, técnicas de aplicación inmediata e recursos para xestionar discusións, reducir as 'explosións' en momentos de tensión e favorecer unha mellor comunicación cos adolescentes. A actividade é gratuíta e está facilitada polo Voluntariado Social.

As persoas interesadas deben reservar praza chamando ao 981 791 252 ext. 4 ou escribindo a serezabel.rodriguez@bergondo.gal, indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o concello de residencia. O prazo de inscrición remata o 9 de xaneiro e as prazas son limitadas.

nais sen estres
⚙ Configurar cookies
0.077021837234497