Beqa Burjanadze do Básquet Coruña é o xogador Estrella Galicia de marzo
O xeorxiano Beqa Burjanadze é o Xogador Estrela Galicia de Marzo. O pivote do conxunto laranxa recolleu este mércores no Pavillón Municipal de Riazor o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de Marzo.
O xogador obtén o sexto galardón desta tempada, primeiro na súa conta particular, tras alzarse como Xogador Estrela Galicia do Mes de Marzo, ao ser o máis votado polos afeccionados do Basquet Coruña a través das redes sociais do club. Beqa superou na votación a Ingus Jakovics e Goran Huskic.
Beqa do conxunto herculino deu as grazas á afección na rolda de prensa de entrega do trofeo “estou moi contento por ser nomeado mellor xogador do mes de marzo, pero non é soamente un recoñecemento ao meu traballo, senón tamén ao gran traballo dos meus compañeiros, do corpo técnico e por suposto dos nosos afeccionados, que sempre están aí e seguro que van estar aí ata final de tempada”.
En relación á boa dinámica do equipo, Beqa comentou que “é super importante estar concentrados para o partido de Oviedo, será un partido complicadísimo, pero imos ir con todo a xogar e tentar gañar aí”.