Bemantes celebra o Entroido e San Valentín cunha comida-baile o 14 de febreiro

A Comisión de Festas Bemantes 2026 vén de anunciar unha proposta festiva para o sábado 14 de febreiro, unha ‘comida-baile’ que mestura ambiente de Entroido e San Valentín e que busca xuntar veciñanza e visitantes nunha xornada completa de música, gastronomía e animación.
O programa arrincará ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Estrellas. Unha hora máis tarde, ás 15.00, celebrarase a comida, a cargo de Gran Mahoni, cun menú no que non faltarán a sopa e o cocido, ademais de sobremesas de tempada. A organización inclúe tamén auga, viño Mencía e Godello, café e chupito.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, haberá baile-tardeo de novo co Dúo Estrellas. A partir das 18.00 está previsto un sorteo de regalos coa entrada e xogos especiais con premios.
En canto aos prezos, o ticket para persoas adultas é de 30 euros, mentres que os nenos e nenas de 5 a 12 anos pagarán 15 euros. As crianzas menores de 5 anos terán acceso de balde. Para mercar as entradas, a comisión facilita os teléfonos 646 678 813, 659 836 007 e 626 515 938. O último día para reservar será o luns 9 de febreiro e o aforo é limitado.