Belén do Campo lamenta a actitude do alcalde de Culleredo ao "rexeitar un investimento da Xunta"

ACoruñaXa
A delegada da Xunta puntualizou que esta postura partidista en nada contribúe a unha colaboración frutífera
Imaxe de Belén Docampo a delegada da Xunta na Coruña
11 Mar 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, transmite que lamenta a actitude de desaldade institucional do alcalde de Culleredo e a súa conduta rexeitando un investimento da Xunta, realizado neste Concello a petición dos veciños nun espazo urbano.

Criticou a súa política de confrontación xa que o alcalde foi invitado a visita pero nin o rexedor nin membro do Goberno local asistirón ao acto aberto aos medios de comunicación e aos veciños. “Calquera obra que se realice nun Concello, e sobre todo aquelas que se executan a petición da veciñanza, melloran a calidade de vida da comunidade”, recalcou a delegada.

Neste senso, tamén apuntou que ese suposto proxecto de “renovación integral” que agora saca da manga o alcalde en ningún momento foi trasladado á Xunta de Galicia e recalcou que as obras se realizaron dando resposta directa ás peticións dos veciños de Culleredo a pesar da negativa do rexedor de asinar un convenio para que a Xunta realizase a obra e o Concello retomase a titularidade da parcela.

Así, Belén do Campo, tamén puxo en evidencia contradicións permanentes do alcalde de Culleredo nas súas redes xa que un día agradece á Xunta a actuación para, ao día seguinte, saír a criticala co único fin de sacar rédito política e desprestixiar á Xunta. A delegada puntualizou que esta postura partidista e incoherente contra o Goberno autonómico en nada contribúe a manter unha liña do colaboración frutífera.

Belén do Campo referiuse tamén as súas declaracións con respecto a non ser recibido na Delegación da Xunta na Coruña, neste punto aclarou que non se recibiu ningunha petición por escrito de forma oficial para solicitar esta entrevista nin se lle trasladou, nos diferentes encontros informais que tiveron ambos dirixentes, nin os asuntos mencionados na nota prensa enviada polo alcalde nin a súa petición de entrevista. En todo caso indica que a vontade do Goberno galego é manter sempre un diálogo fluído con todos los alcaldes da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.33614087104797