Barrionovo Pastoriza acolle este sábado un baile de adultos con brindis de Nadal

ACoruñaXa
A actividade, organizada pola Concellería de Maiores de Arteixo, contará coa actuación de Carlos Manteiga e desenvolverase de 17.00 a 20.00 h
ARTEIXO baile pastoriza
20 Dec 2025

O centro social de Barrionovo Pastoriza será escenario este sábado, 20 de decembro, dun novo baile de adultos promovido pola Concellería de Maiores do Concello de Arteixo. A iniciativa, pensada como un encontro de lecer e convivencia, celebrarase en horario de tarde, entre as 17.00 e as 20.00 h.

O baile contará coa actuación musical de Carlos Manteiga, encargado de poñer ritmo á xornada cun repertorio pensado para o público adulto. Ademais, durante o descanso haberá un ágape e brindis de Nadal, co obxectivo de compartir un momento festivo nestas datas tan sinaladas.

Desde o Concello destacan que este tipo de actividades forman parte da programación habitual dirixida ás persoas maiores, coa que se busca fomentar as relacións sociais, o envellecemento activo e a participación en propostas culturais e recreativas nos distintos núcleos do municipio.c

⚙ Configurar cookies
0.077813148498535