Aviso amarelo por treboadas e chuvascos intensos no interior e noroeste da Coruña

ACoruñaXa
MeteoGalicia lembra á cidadanía a importancia de seguir as indicacións dos servizos de emerxencia
temporal-chuvia-choiva-vento-estrada
2 May 2025

MeteoGalicia vén de activar avisos amarelos por fenómenos meteorolóxicos adversos nas zonas do interior e noroeste da provincia da Coruña para este venres 2 e sábado 3 de maio.

Durante a xornada do venres 2 de maio, espéranse chuvascos localmente intensos, acompañados de tormentas, entre as 15.00 e as 21.00 horas tanto no interior como no noroeste da provincia. Estes episodios de choiva poden alcanzar acumulacións de máis de 15 litros/m2 nunha hora, polo que se recomenda precaución en desprazamentos e actividades ao aire libre.

O sábado, 3 de maio, manteranse os avisos nas mesmas zonas, especialmente entre as 15.00 e as 21.00 horas, cando se agardan de novo treboadas con intensidade moderada.

MeteoGalicia lembra á cidadanía a importancia de seguir as indicacións dos servizos de emerxencia e manterse informada a través dos seus canles oficiais para facer fronte a posibles incidencias derivadas das condicións meteorolóxicas adversas.

 

⚙ Configurar cookies
0.14760112762451