Avanza a renovación do parque infantil de Bemantes en Miño con novo chan e xogos

ACoruñaXa
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación, inclúe a substitución do peche perimetral, do pavimento de caucho e dos elementos de xogo, cun orzamento de 62.036,89 euros
MIÑO parque bemantes
12 Feb 2026

As obras de renovación do parque infantil de Bemantes avanzan estes días coa vista posta en ofrecer un espazo máis seguro e cómodo para a cativada. A intervención céntrase na posta a punto integral da área de xogo, nun punto moi utilizado pola veciñanza.

O proxecto, financiado a través do POS+ da Deputación da Coruña, contempla a substitución do peche perimetral, a renovación do chan de caucho e o cambio dos diferentes xogos, co obxectivo de mellorar tanto a funcionalidade como as condicións de uso do parque.

A actuación conta cun orzamento de 62.036,89 euros, con achega provincial de 61.124,81 euros.

⚙ Configurar cookies
0.080562114715576