Ataque dun lobo en Curtis causa a morte dun can de palleiro

ACoruñaXa
O suceso tivo lugar na parroquia de Fisteus e o Concello alerta para extremar precaucións co gando e mascotas
CURTIS ataque lobo
12 Aug 2025

Na noite do 5 ao 6 de agosto, no lugar dos Martiños, na parroquia de Fisteus, rexistrouse un ataque dun lobo que acabou coa vida dun can de palleiro pertencente a unha explotación gandeira da zona. Durante o enfrontamento entre ambos os animais, desprazáronse ata un monte próximo, situado a uns 500 metros da vivenda. Ao día seguinte, o lobo volveu ao lugar para alimentarse dos restos do can.

Desde o Concello de Curtis recomendan á veciñanza que tomen medidas de precaución, especialmente co gando e os animais domésticos que estean en zonas próximas ao monte, para evitar incidentes similares.

⚙ Configurar cookies
0.15975999832153