ASPERGA abrirá as súas portas, na Coruña, o luns 29

ACoruñaXa
Esta iniciativa ten a finalidade de amosar o traballo que levan a cabo e as instalacións onde realizan os seus servizos
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
26 Xul 2024

A Asociación Galega de Asperger convida a familias, centros educativos, entidades e público en xeral a coñecer os seus servizos e instalacións o día 29 de xullo no seu centro da Coruña, situado na Rúa Juan de la Cierva, 5. Terá lugar pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas.

Durante xornada, contarase coa visita dos concelleiros de A Coruña, Nereida María Canosa Domíguez, concelleira de benestar, participación e igualdade, Diana María Sobral Cabanas, concelleira de turismo, comercio, mercados, hostelería e consumo, Juan Ignacio Borrego Vázquez, concelleiro de educación, formación e innovación tecnolóxica, que chegarán a partir das 12:00 e de representantes do Sergas e da Fundación ONCE entre outras personalidades.

ASPERGA é unha asociación de ámbito autonómico, fundada no 2006 por persoas vinculadas ao Trastorno do Espectro Autista (TEA), con grao de apoio 1 e/o 2 sen déficit intelectual nin do linguaxe acompañante, o que se coñece como Síndrome de Asperger.

É un espazo común no que as persoas con este diagnóstico e as súas familias teñen a oportunidade de unir forzas para defender os intereses do seu colectivo e acceder a servizos profesionais especializados que a Administración Pública, "desafortunadamente", non adoita ofrecer.

0.10269093513489