ASPACE Coruña obten a certificación de calidade de Aenor

ACoruñaXa
Destacan a súa innovadora alimentación texturizada, a implicación do persoal e a programación de actividades como puntos fortes na mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral
ASPACE recibe a certificación de calidade de AENOR
17 Xul 2024

ASPACE Coruña conseguiu superar con éxito a auditoría de seguimento da súa certificación do Sistema de Xestión de Calidade baseado na norma UNE-EN ISO 9001:2015. No informe, resaltáronse como puntos fortes da asociación o seu proxecto de alimentación texturizada, a implicación do persoal, a programación de actividades de ocio e o uso de equipamento innovador, como salas multisensoriais e vivendas domotizadas. Ademais, tamén se valorou positivamente a utilización do lenguaje inclusivo e o bo estado das instalacións.

Esta certificación de calidade, emitida por AENOR, foi supervisada esta semana por José Enrique Rodríguez Coello, director da sede en Galicia, quen visitou a asociación para coñecer de primeira man os servizos e proxectos que desenvolve ASPACE Coruña para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral. Durante a visita, estivo acompañado do xerente, Ricardo Iglesias, da directora do Centro Residencial e responsable de calidade, Belén Varela, da directora do Centro de Día, María Rivas, e do responsable de Recursos Humanos, Cristian Vilariño.

ASPACE Coruña conta desde 2007 con esta certificación, que avala a elevada calidade dos servizos prestados en todos os seus centros. Anualmente, a asociación se somete tanto a auditorías internas como externas, como esta última realizada por AENOR, para garantir que o sistema de xestión de calidade está a funcionar adecuadamente e que se cumpren todos os procesos establecidos en relación aos servizos, persoal e instalacións.

Este selo acredita que ASPACE Coruña persegue diariamente un obxectivo claro: ofrecer os mellores servizos e coa maior calidade para as persoas con parálise cerebral e as súas familias.

0.14594388008118