ASPACE Coruña, finalista nos Premios Innovación en Saúde por un proxecto de realidade virtual en rehabilitación

ACoruñaXa
A entidade con sede en Sada foi distinguida na categoría de Pacientes da 5ª edición dos galardóns do Sergas entre 72 propostas, polo uso de videoxogos e realidade virtual en fisioterapia neurolóxica para persoas con parálise cerebral
SADA aspace
30 Sep 2025

ASPACE Coruña sumou un novo recoñecemento ao seu labor a favor das persoas con parálise cerebral: a Consellería de Sanidade seleccionouna como finalista na categoría de Pacientes dos Premios Innovación en Saúde do Sergas pola iniciativa ‘Realidade virtual para a rehabilitación de persoas con parálise cerebral’. O proxecto, que a entidade desenvolve desde 2015, integra sistemas de realidade virtual e videoxogos como ferramenta complementaria de fisioterapia neurolóxica, deseñando entornos adaptados que favorecen a participación activa de cada usuaria e usuario e reducen as barreiras de acceso á tecnoloxía.

Ao acto de entrega en Vigo asistiron a presidenta, Mª Carmen Barreiro, e o xerente, Ricardo Iglesias, acompañados pola directora do Centro Residencial, Belén Varela, e o fisioterapeuta Rubén Carneiro. A presidenta subliñou que a innovación e a investigación son liñas estratéxicas da asociación, convencida do potencial transformador das novas tecnoloxías na vida das persoas atendidas. O equipo de fisioterapia —con Rubén e Alba— programa velocidades, feedback visual e sonoro, cores, tempos de xogo e avatares, o que permite monitorizar resultados, facer seguimento individualizado e constatar melloras en función motora, atención e memoria.

⚙ Configurar cookies
0.098267078399658