ASPACE Coruña celebra unha gran festa de Entroido nos seus centros

ASPACE Coruña celebrou unha gran festa de Entroido en todos os seus centros. Pola mañá realizáronse diversas actividades, como un obradoiro de antiface, unha obra de teatro e actuacións musicais, contando coa presenza da propia Shakira e de King África.
Xa pola tarde tivo lugar o desfile de disfraces, ao que tamén asistiron as familias. Entre os disfraces destacaron un numeroso grupo de bombeiros, personaxes da saga de Harry Potter e o colorido Entroido de Brasil. O premio ao Grupo Máis Animado foi para o Centro Residencial, o premio ao Disfraz Máis Elaborado foi para o Centro de Día e a Mellor Posta en Escena foi para o Centro Educativo. A festa finalizou cunha gran merenda con chocolate e sobremesas típicas destas datas.