ASPACE Coruña celebra a décima edición do Arde Apacecus

ACoruñaXa
Terá lugar o mércores 24 e haberá un gran desfile e xogos, así como postos de comida e bebida
arde aspacecus coruna
Cartel
23 Xul 2024

ASPACE Coruña celebrará este mércores 24 de xullo o Arde Aspacecus, que cumpre xa a súa décima edición e volverá levar á asociación á época romana cun gran número de actividades.

Pola mañá, de 11.00 a 12.30 horas, haberá un gran desfile inicial e xogos romanos e pola tarde, de 15.00 a 16.00 horas, postos de comida e bebida (espetadas de froita, tortitas e mousse de viño).

Tanto o persoal como as persoas usuarias gozarán dunha gran xornada onde non faltará a música e a diversión, todos vestidos coas mellores galas para a ocasión.

0.18243002891541