Asociacións de veciños da Coruña reclaman melloras en seguridade en limpeza
As asociación veciñais da cidade piden ao Concello melloras en materia de inseguridade, sucidade e falta de mantementos nos barrios da cidade. Nesta ocasión, fixérono ante o portavoz do Grupo Popular no concello da Coruña, Miguel Lorenzo e os concelleiros Susana Catalán, Antonio Deus e Carmen Non.
No encontro participaron representantes das asociacións de veciños de Elviña 2 Fases, Monte Martelo, Sector 7-Recinto Feiral, Barrio das Flores, Enseada do Orzán, Matogrande, Castro de Elviña “Vos Rexumeiros”, Os Rosales e Praza do Comercio.
Os representantes veciñais poñen o foco en aspectos importantes para a cidade como a inseguridade. As asociacións insisten na importancia de cumprir coa asignación adecuada do número de axentes que se necesitan, así como en garantir o uso íntegro do orzamento asignado a mellorar os equipos dos corpos de seguridade. O que inclúe a necesidade de actualizar uniformes, equipamento profesional e vehículos, asegurando así condicións óptimas para o desempeño efectivo das súas funcións.
A limpeza é outro tema esencial para o benestar cotián da cidadanía, e as asociacións esixen a inclusión de todos os barrios nos roteiros de limpeza, con especial énfase en áreas onde unha soa recollida diaria resulta insuficiente. Ademais, propoñen a creación de empresas independentes encargadas do control de calidade de servizos públicos como limpeza, recollida, infraestruturas, xardíns e parques.
Doutra banda, os veciños resaltan a importancia do mantemento de infraestruturas para preservar o patrimonio da cidade. As asociacións subliñan a necesidade de introducir controis de calidade no deseño e execución de proxectos para evitar a deterioración de pavimentos, asfaltos e mobiliario urbano. Así mesmo, insisten na importancia de consultar coas asociacións os proxectos con impacto social antes da súa licitación, co obxectivo de previr descontento cidadán e gastos innecesarios. Ademais da inclusión nos orzamentos futuros de proxectos non executados desde os últimos aprobados