As Travesas celebra a Festa do Rosario este domingo cun completo programa musical e xantar popular

ACoruñaXa
A xornada arrinca ás 13.00 horas coa misa e continuará con sesión vermú, comida popular e actuacións do Dúo Crazy tamén pola tarde; as racións son limitadas
CARRAL travesas
25 Oct 2025

As Travesas vivirá este domingo, 26 de outubro, a tradicional Festa do Rosario, unha cita que combinará actos relixiosos, música en directo e gastronomía. O programa abrirase ás 13.00 horas coa misa. A continuación, o público poderá gozar dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Crazy, antes do xantar popular.

O menú do xantar inclúe callos, sobremesa e café e ten un prezo de 10 euros. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, o Dúo Crazy volverá subir ao escenario para prolongar o ambiente festivo.

Os tickets poden adquirirse a través das persoas integrantes da comisión de festas ou en Casa Avelina. A organización lembra que as racións están limitadas a 180, polo que se recomenda reservar con antelación.

⚙ Configurar cookies
0.070837020874023